Entradas CLICKARTE CON EDUARDO PORTELA


ClickAЯte   diálogos artísticos interdisciplinares e actividades fotográficas colectivas de xaneiro a decembro de 2019 Porque a arte é diálogo e comunicación, ClickAЯte é unha nova iniciativa que nace dende Santiago de Compostela para achegarte aos espazos para a arte, galerías e museos da cidade, aos artistas e ás súas obras e reflexións artísticas. Ao longo do ano 2019, organizamos unha serie de visitas guiadas, conversas e saídas fotográficas enfocadas á práctica da fotografía nas súas distintas modalidades onde poderás aprender compartindo, buscar a inspiración na obra doutros artistas, ou simplemente divertirte e pasar un bo momento. ClickAЯte é un programa concebido en colaboración con galerías e espazos para a arte en Galicia e conta coa participación de artistas de disciplinas variadas: pintoras, escultoras, fotógrafas, escritoras, músicas, actores, etc., que aceptaron compartir a súa visión da práctica artística, a súa propia traxectoria profesional, e que en definitiva van abrirnos o seu mundo.   Sábado 26 de Xaneiro de 2019 ClickAЯte co fotógrafo vigués Eduardo Portela en Os Catro Gatos Eduardo Portela é un fotógrafo especializado en retrato e desnudo artístico, especialmente interesado nos procesos analóxicos e cunha amplia experiencia coma fotógrafo comercial para grandes eventos. Presenta a súa última serie fotográfica, "Primavera Negra".  Duración da actividade: 3 horas, de 17h00 a 20h00.  Prezo por persoa: 15 euros en Ticketea Programa:  Visita guiada da exposición "Primavera Negra" en Os Catro Gatos. En presencia do fotógrafo: Eduardo Portela.  Saída fotográfica colectiva na cidade de Santiago de Compostela Presentación colectiva das fotografías realizadas polos participantes   Ademáis, os e as participantes no programa ClickAЯte poderán someter as súas fotografías para: O boletín dixital de ClickAЯte 2 exposicións colectivas 2019 comisariadas por #CocoTheRoad e a Asociación Cultural Samotraz


TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR...


Destaca tus Eventos

Si te dedicas a la organización y promoción de Eventos, Conciertos y Festivales, estás en el sitio web adecuado. Destaca tus eventos por Cuidades, Provincias, Tipología, Artistas ó Festivales. Si quieres saber cómo, ponte en contacto con nuestro equipo comercial.

Contactar

Festivales en 2016

¿Buscando Festivales en 2016? Encuentra los Festivales más destacados de España en nuestra web. Festivales de música, Festivales de teatro y danza, Festivales de cine y mucho más en un solo lugar. Pásate y encuentra lo que buscas en un vistazo. ¡A disfrutar!

Abonos de Festivales »

Noticias y Novedades

El Blog de música, festivales, teatro, danza, eventos internacionales, rumores y todas las noticias más actuales para estar al corriente de las tendencias que llegan cada mes a nuestro país. Te informamos sobre fechas, lugares, ciudades y cómo comprar tus entradas.

El Blog »