Entradas Somos criminais (Teatro Colón)


Entradas para SOMOS CRIMINAIS en A Coruña Datas: 11, 12 e 13 de xaneiro de 2019 Horarios: venres 11 – 20.30 e 23.00 h; sábado 12 – 18.00 e 20.30 h; domingo 13 – 18.00 e 20.30 h  (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala) Lugar: Teatro Colón (A Coruña) Entradas: 11,00 / 13,00 / 15,00 € (1ª fila de Principal, visibilidade reducida, 9,00 €) Desconto do 20 % con carné novo, + 65 anos, persoas desempregadas  Desconto do 25 % para familias numerosas (só no despacho de billetes)   (Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada) (Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o descontó no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)   Todo foi culpa da Fariña. Touriñán e Blanco, dous cómicos recoñecidos, deciden retarse e currar xuntos nos escenarios. Unha cousa sinxela, unhas risas, comer ben e sacar pasta. Todo causas nobles. Pero hete aquí que deciden pedir un texto por currar menos e, craso error, pídenllo a un individuo de aspecto sospeitoso e residente en Ferrol. Un tal Xosé Prieto. A sabendas de que aqueles dous irresponsables meterían man ao texto, Prieto fai un traballo aseado, correcto e entrega un orixinal que os “artistas” aproban: Dúas cadeiras, unhas boas bromas e listo. A forrarse. Pero hete aquí que van pillados de tempo e deciden botar man como director dun compañeiro de aventuras coa fariña, un de Ourense, Tito Asorey. E Tito tolea e mete efectos, e pide escenografía e aparece Carlos Alonso e repaña todo o que atopa nos alpendres da súa casa e por riba Touri embala e ficha a Juanjo Rig, un xastre coruñés de moito nivel para o vestiario. Asorey insiste e quere atrezzo, e disfraces, e Dani Juncal decide iluminar todo eso con focos móbiles e robótica e todo se vai complicando ata chegar ao que ides ver. Paco Abelleira, Breixo Giraldo, Lois Blanco e Javi López botan unha man no que poden nos ensaios e finalmente a cousa chega a destino. SOMOS CRIMINAIS está listo. Como definilo … Teatro? Pode ser. Show cómico? Vai ti saber. Un experimento? Sen dúbida. Decidan e xulguen vostedes.   Idioma: galego    


TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR...


Destaca tus Eventos

Si te dedicas a la organización y promoción de Eventos, Conciertos y Festivales, estás en el sitio web adecuado. Destaca tus eventos por Cuidades, Provincias, Tipología, Artistas ó Festivales. Si quieres saber cómo, ponte en contacto con nuestro equipo comercial.

Contactar

Festivales en 2016

¿Buscando Festivales en 2016? Encuentra los Festivales más destacados de España en nuestra web. Festivales de música, Festivales de teatro y danza, Festivales de cine y mucho más en un solo lugar. Pásate y encuentra lo que buscas en un vistazo. ¡A disfrutar!

Abonos de Festivales »

Noticias y Novedades

El Blog de música, festivales, teatro, danza, eventos internacionales, rumores y todas las noticias más actuales para estar al corriente de las tendencias que llegan cada mes a nuestro país. Te informamos sobre fechas, lugares, ciudades y cómo comprar tus entradas.

El Blog »